Os cinco textos que compoñen este volume son a contribución da reflexión teórica ofrecida por prestixiosos pensadores na XIII Semana Galega de Filosofía, celabrada en Pontevedra no verán de 1996, e que agora se poñen á disposición do público lector galego. Textos que teñen un elo en común: pensar a lingua e os problemas de identidade lingüística, reparar nos lindeiros das palabras, etc., sempre desde a conciencia da necesidade de invocar a reflexión sen afastármonos da realidade dunha lingua e dunha cultura minorizadas e unha mirrada tradición filosófica. Cinco artigos, xa que logo, que combaten o monolingüismo e apostan polo mosaico de linguas, para que Babel prosiga a facer fronte á dominación imperialista nos ámbitos do cotiá, da lingua e da cultura