FISTERRAS ATLANTICAS , FINISTERRES ATLANTICOS , AT

Autor
ANTONIO RAUL DE TORO JOSE MIGUEL ALONS
Editorial
Editorial Hugin E Munin Galaxia *
ISBN
9788412225358
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
252
Formato
Colección
Ensaio
19,90€

Un mangado de textos arredor da xénese e formación da idea de nación e das concepcións diferentes da identidade social

A elaboración identitaria, tanto desde o punto de vista do simbólico coma desde a vertente do factual, é esmiuzada con xeito e atinada diagnose por Santiago Lamas nunha sucesión de cinco ensaios que constitúen a cerna do libro. Tamén sobre a identidade, mais vista desde a súa
"patoloxía", no caso do Don Xoán, e a partir da súa sintomatoloxía, no caso da invención da paisaxe e no da novela policial, tratan as outras "lecturas" -nos dous sensos: interpretacións e leccións- que achegan lectores e lectoras ao proceso de pensamento, ao seu desenvolvemento ou busca curiosa e interesada na cultura como realidade asemade simbólica e actuante.

A radiografía do sedutor, os himnos e as bandeiras, a xenética das orixes e as viaxes en procura da identidade, a "recreación" do pasado, a invención da paisaxe como esencia e a novela negra como retrato social enxérganse, pois, neste libro coa nidia perspectiva de quen efectivamente escribe dende o cabo do mundo.