Flash-Black 13

Editorial
Urco Editora
ISBN
9788415699491
Idioma
Gallego
Publicado
2014
Nº de páginas
204
Formato
Rústica
Colección
ALCAIAN
12,00€

Ramón Caride leva desde 1991, data na que publicou o seu segundo libro de relatos, a insistir nos seus relatos en dúas teimas: o fantástico e mais a serie negra. Nestes máis de vinte anos o percorrido dos relatos fantásticos foi ás veces incerto. Faltaba, por tanto, reunilos nun volume único para poder revisalos no seu conxunto e descubrir as liñas de continuidade e tamén as diverxencias. Isto lévanos a precisar que entende o autor por narrativa fantástica. Que nas súas propias palabras: «é sinxelamente unha forma alternativa da realidade que en determinados casos ou circunstancias se manifesta. Non é algo paralelo ao cotián, non algo por riba, nin por debaixo dela, senón algo tanxente ou interconectado con ela, como un fluído que enche os poros da realidade e enchoupa as partículas sólidas do comunmente admitido como real e verdadeiro.»