Sinopse Os autores fixeron un traballo excepcional, unha guía na que aparecen representadas preto de 500 especies vexetais, que medran nos hábitats costeiros con cadansúa fotografía. Tódalas especies foron fotografiadas baixo condicións de luz naturais durante a etapa de floración e no seu propio ambiente. Cada unha das especies vai acompañada dunha completa e rigurosa descrición que recolle datos sobre a súa ecoloxía, época de floración e posibles aplicacións medicinais.