Florencio Delgado Gurriarán

Autor
Héctor Cajaraville,
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788411100458
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
93
Formato
Rústica
Colección
Merlin
12,50€

Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta, e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... E como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso o lugar escollido foi México, onde levou a cabo un intenso labor cultural. Algúns dos proxectos que encabezou tomaron forma de publicación periódica, como as revistas Saudade e Vieiros. Nunha época en que a cultura galega se desenvolveu con máis vigor fóra ca dentro das súas fronteiras naturais, persoeiros como Delgado Gurriarán desempeñaron un papel fundamental para a súa supervivencia. LETRAS GALEGAS 2022