Florencio Delgado Gurriarán. Vida E Obra Dun Poeta Valdeorrés Republicano E Gale

Autor:
Ricardo Gurriarán
Editorial:
Editorial Galaxia
ISBN
9788491517825
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
148
Formato
Rústica
25,50€

Prólogo de Xesús Alonso Montero A incipiente carreira poética de Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 23-VIII-1903 – Fair Oaks, California, 14-V-1987) viuse truncada pola Guerra Civil e a mutilación das liberdades polas que tanto loitara: “Xoguei, perdín, calei e marchei”. Marchou, pero non calou. Tras integrarse no exército republicano e facer un importante labor en Francia axudando a resolver o destino de milleiros de galegos exiliados, tamén colleu o camiño do exilio mexicano, onde refixo unha vida non exenta de dificultades e compromiso coas liberdades e coa loita contra a ditadura franquista, á vez que mantivo unha postura coherente e non volveu á súa terra ata que as condicións llo permitiron sen ter que agachar a cabeza. En Florencio Delgado Gurriarán. Vida e obra dun poeta valdeorrés republicano e galeguista, Ricardo Gurriarán ofrécenos un minucioso percorrido pola vida e obra do noso poeta, non exenta de calidade literaria e defensa ideolóxica. A síntese da vida dun poeta valdeorrés, moderno e cosmopolita.