Estamos no século XIII, no reinado de Afonso, o Sabio. Paio Gómez Chariño, o trobeiro autor de cantiogas extraordinarias, volve a Galicia traendo canda el ó mozo Edelmiro Soutelo, fillo dun cabaleiro que morreu loitando contra os mouros nas guerras de Granada. A viaxe que fan de Toledo a Compostela está chea de loitas e perigos, pero de feitos marabillosos. E Edelmiro descubrirá o amor cando Xoana, a filla de Paio Gómez, se una en Zamora á expedición.