"Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia da Galiza" é unha publicación na que prevalece o interese divulgativo e de labor social, nun intento por achegar á cidadanía temas culturais que normalmente permanecen circunscritos ao ámbito académico ou especializado. O anuario está pensado, como un espazo libre e de calidade onde especialistas da etnografía, da arqueoloxía, da historia e da antropoloxía da historia e da antropoloxía galega poidan expor as súas achegas e as súas investigacións.