Malia ter sido considerado o país de Gales como terra irmá, aída hoxe é, en toda Europa, un mundo ignoto e descoñecido, do que a maioría dos galegos e galegas pouco ou nada sabemos, alén desa serie de feitos de carácter histórico, cultural e político que tanta semellanza gardan coa nosa propia realidade, con Galicia. Esta nova entrega de Edicións Laiovento, Folclore galés, escrita por Trefor M. Owen, investigador do Museo do Folclore Galés, dependente do Museo Nacional de Gales, e traducida por Manuel F. Vieites, quere ser unha aportación máis para estudiar e analizar as relacións que de vello se teñen establecido entre os países que os integrantes do movemento das Irmandades da Fala deron en chamar as sete nacións celtas. Unha excelente oportunidade para coñecer os usos, costumes, festas e rituais que constituíron o eixe arredor do que se desenvolveu a vida comunitaria nun país cunha riquísima tradición cultural