FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. ?Misión Nova York? leva os FORMIG4S deica esta populosa urbe dos Estados Unidos. O caso empeza en Liberty Island. A inquilina habitual desta pequena illa da Cidade dos Rañaceos, a famosa e coñecida Estatua da Liberdade, marchou polo seu propio pé!.