Raposa e Yolanda Castaño propoñen nesta banda deseñada unha viaxe espacial ata un futuro incerto navegando polos versos de Novalis ... Deixtae levar... Non é oxímoro dicir que a noite do espazo exterior e de Novalis poden seguir deitando luces . En darlles novos lustres consiste explorar novas interpretacións capaces de levalas a novos horizontes . Como o dunha versión que actualice a súa lectura á vez respectando as diccións propias da tradición lírica en galego e uns xestos literarios máis contemporáneos ( a pesar de que existise unha tradución previa , publicada por Espiral Maior en 1997 ) .