Fronteira Paraiso

Autor:
Silvia Pena Estevez
Editorial:
Urutau Editora
ISBN
9788571050501
Idioma
Español
Publicado
2021
Nº de páginas
89
Formato
Rústica
12,00€

A foto desenfocada de Paraíso non deixa fechar os ollos. Como será durmir nun un lugar que non é lugar? É un tempo, de noite? É a idelización que todas herdamos materializada nunha casa, unha fiestra, un xardín…Unha diana contra a que o propio amor dispara a matar. Idilio terrible por impronunciable, querer traducilo a palabras e converter a experiencia da escrita en ritual. A lectura é catártica e, desde o fondo do escuro, ilumina. O poema é gritar salvaxemente e preguntarse como domesticar a frustración, é escribir o corpo e trazar un río-límite sobre o territorio informe da vida, é «limar a lingua, limar os labios» de desespero para chegar á fronteira e desfacela. Franquear as múltiples portas deste poemario, entregarse ás palabras, é bucear na superficie ou planear na profundidade; confrontarse coa herdanza colectiva que construíu un paraíso equivocado, «e nada máis/ e isto é moito e pouco/ e nada máis». Area Erina