Fundamentos De Dereito De Defensa Da Competencia.

Autor
Julio Costas Comesaña
Editorial
Servizo De Publicacións Da Universidade
ISBN
9788481589368
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
345
Formato
Rústica
Colección
Manuais. Serie de manuais didácticos.
10,00€

Esta obra ten finalidade principalmente docente, e foi redactada coa pretensión de ser unha primeira aproximación ao estudo do Dereito de defensa da competencia, da Unión Europea e de España, polo que estes Fundamentos tamén aspiran a ser útiles para os xuristas e outros profesionais que desexen ter unhas nocións máis ou menos básicas e actualizadas sobre unha rama do Dereito que se constrúe sobre a práctica das autoridades de competencia e dos tribunais. Fundamentos de Dereito de Defensa da Competencia estrutúrase en dez leccións, a través das que se aborda a regulación substantiva e procesual básica do Dereito de defensa da competencia. Mais tamén contén algunha referencia aos aspectos institucionais das autoridades de competencia e dos tribunais competentes para a aplicación das normas de defensa da competencia en España. Por último, inclúese unha análise sinxela das normas de defensa da competencia relativas á aplicación privada ou xudicial das prohibicións de condutas anticompetitivas.