FUNDAMENTOS DE METEOROLOXÍA EN 180 PREGUNTAS

Autor
Luis Gimeno, Raquel Nieto, Marta Vázquez, Rogert Sorí, Luis Gimeno-Sotelo
Editorial
Universidade de Vigo - Publicacións
ISBN
9788411880190
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
75
Formato
Rústica
Colección
Manuais. Serie de manuais didácticos.
Dimensiones
17 x 24 cm
10,00€

Os profesores de meteoroloxía das universidades españolas teñen un problema notorio en canto a materiais para a impartición da súa docencia. Por unha banda, hai grandes libros xa clásicos de meteoroloxía que poden ser utilizados nas aulas. Con todo, a escasa duración das materias de meteoroloxía, típicamente un semestre, fai que estes libros clásicos non sexan adecuados. Doutra banda, existen numerosos libros de meteoroloxía de tipo divulgativo que, aínda que poden ser de interese para os nosos alumnos para introducirse na materia, son insuficientes para adquirir o nivel dos coñecementos xeralmente requiridos nas nosas universidades.

O manual que aquí se presenta, "Fundamentos de Meteoroloxía en 180 preguntas", é o produto de anos de experiencia dos profesores de meteoroloxía da Universidade de Vigo. Redactouse co ánimo de xerar un documento docente que encha este oco entre as obras clásicas e as obras de divulgación no ensino da meteoroloxía. Por tanto, o seu interese reside no formato elixido, baseado en preguntas curtas que son respondidas con claridade e rigor. A orde das preguntas está tamén elixido coidadosamente, de maneira que as respostas son auto-consistentes. As preguntas cobren un amplo rango de ramas esenciais da meteoroloxía: sistema climático, estrutura e composición da atmosfera, a atmosfera media, radiación solar, balance enerxético, termodinámica da atmosfera, dinámica atmosférica, aerosois, microfísica de nubes e dinámica de nubes. Esta amplitude de contido garante que o lector obteña unha comprensión integral dos fenómenos atmosféricos.

Ciencias (4)