"G"

Autor
Diego Cousillas
Editorial
Edicións Laiovento
ISBN
9788484877097
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
Colección
VENTOALTO
Peso
198 gr
Dimensiones
14 x 21 x 2,1 cm
14,96€

Greguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación.. Cousas... Con permiso de Castelao. É do que se compón G, título que fai referencia a Greguería, pero tamén a Galego, a matería coa que está feita a obra. A expresión concreta do idioma representada por unha letra que se converte en homenaxe ao dicionario, ese libro escrito sen Grandes palabras, sen maiúsculas, pero que dá entrada a todas as voces, ao H mudo e aos sons excluídos pero non inexistentes na lingua: Y, J, K, W. Un "G" con ou sen G "H" eada e o seu séquito alfabético que aquí se ordena a modo de particular abecedario para enumerar as seis partes do libro: "G" de Greguería, de Galego e de Ghaliza. "H" de Haiku e de Horizonte. "Y" de Yin-Yang e Ye-Ye ou viceversa. "J" de Jaiku Jam sesión Jazzzzzz "K" de Kún de Hai-Kú, de Kamikace e de Kamiño. "W" de VVisual ou Wisky, unha invitación a ver dobre.