Gacela

Autor
Genaro Da Silva
Editorial
Chan Da Pólvora Editora
ISBN
9788412771169
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
74
Formato
Rústica
Colección
Sentulo
15,00€

Genaro da Silva nunca se distanciou tanto nin estivo tan próximo de si mesmo como neste libro irónico e fondo, íntimo e ficcional. Tras desenvolver nos últimos anos unha serie de títulos que o converteron nun poeta de difícil clasificación no panorama poético galego, ofrécenos en Gacela un artefacto de ritmo coronario que nos deixa, a medida que se le, unha mestura de pouso emocional e enxeño resacoso. A súa poesía cóbrese dunha apariencia amable pero no seu xermolo vólvese inquietamente tolda, como a profundidade do bosque . “Cando a narración se afasta do posíbel para inventar(se)”, asegura o autor, “un invéntase así nela”. Genaro da Silva (Mourente, Pontevedra, 1980) cre que o poeta debe correr riscos e que a poesía debe ser liminar ante o descoñecido. Autor de títulos como Mudanzas (publicado en castelán no 2008 e Premio da Universidade de Zaragoza), Esguello (en coautoría coa pintora Carolina Munaiz no 2015) ou Lahdnets (libro obxectual do 2018 xunto ao pintor Gabriel Viñals), Da Silva é editor da revista e da páxina dos tr3sreinos.com ademais de coordinar o encontro de poesía arraiano. É enxeñeiro forestal e biólogo de profesión.