Gaiteiros Do Areal + CD

Autor
Xose Manuel Navia
Editorial
Edicións Do Cumio
ISBN
9788482893310
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
166
Formato
Rústica
Colección
Rustica
19,95€

Entre os gaiteiros das comarcas da Arousa e do Salnés predomina o criterio de considerar aos Areeiros coma un dos grupos sobranceiros na música tradicional de Galiza. O historiador musical José Luís Calle inclúeos no conxunto de gaiteiros encabezado por Ricardo Portela e integrado, entre outros, polos Campaneiros, Os Morenos, Os Rosales, Os Tempranos e Os Montes, que ''salvaron a herdanza enxebre nunha época de asolagamento de identidade''. Cumpríanos, xa que logo, pagar unha débeda, recuperar ese pequeno anaco da nosa memoria histórica e poñelo a disposición dos novos intérpretes e amantes da nosa tradición musical; tales son os azos inspiradores deste traballo. Esta obra é o froito de case catorce anos de recompilación e conservación dese material acumulado por Ramón Sumay e doutros documentos espallados entre as persoas próximas ós Areeiras. Ó final recollemos de entre máis de trinta casetes e varias bobinas sonoras –das que demos extraído arredor de trescentos temas musicais-, e medio cento de fotografías. A esta chea de materiais só cabía poñerlle orde e dotala de alma, a que nos proporcionaron testemuños dos dous ''areeiras'' aínda vivos, Tito e Agustín Sumay, e as lembranzas doutras persoas que, en maior ou menor medida, tiveron relación con eles e gardaban memoria do seu paso pola historia da música galega. Nela incluímos un amplo traballo sobre a vida e obra do cuarteto de gaitas de Catoira, unha guía de audición do CD incluído neste libro, partituras de Ramón Sumay e dos restantes Areeiras, e unha galería de imaxes e fotografías que amplían a base documental sobre ''Os Gaiteiros do Areal"