Descobrer Galicia é descobrer, fundamentalmente, os seus máis íntimos segredos. Vítor Vaqueiro, viaxeiro e poeta, condúcenos polos camiños do misterio. Lendas, ritos, tradicións populares, crónicas remotas, memoria dun tempo marabilloso. O lector asiste abraiado a unha sorte de iniciación: a Galicia que non coñecemos. A luz de Occidente ilumina o mundo doutro xeito: na outra banda da brétema, todo é distinto