Galileo No Espello Da Noite

Autor
Xabier Paz Xabier Paz,
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788491215486
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
255
Formato
Rústica
Colección
Rustica
20,95€

Galileo no espello da noite é unha novela que nos mergulla na súa propia memoria, a través da que desfilan o cativo acosado pola nai, o estudante irreverente, o home testalán, o pai de familia e o filósofo e científico xenial.

Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza. Galileo no espello da noite é unha novela que nos mergulla na súa propia memoria, a travésda que desfilan o cativo acosado pola nai, o estudante irreverente, o home testalán, o pai de familia e o filósofo e científico xenial. Sen esquecer a importancia que tiveron as mulleres na súa vida, sobre todo a súa filla, a narración vai compoñendo o tapiz dunha traxedia na que, canto máis avanza o seu coñecemento dos ceos máis o apertan as ameazas dos rivais e inimigos.