Sinopse
Gandarón ou o gran falo megalítico de Pena Corneira" é unha novela sorprendente, chea de voces e personaxes enmarcados nun mundo pseudoimaxinario, que mestura realidade e fantasia, verdade e ficción literaria, cuxos protagonistas nos transmiten os valores da amizade, o compañeirismo, a valentía e a unión dos pobos nun ben común.
Gandarón e Martiño, xunto aos grandes xefes dos castros, e coa axuda inestimábel da Excel. Becha Usía, tentarán opoñerse aos desexos de destrución e cobiza dos invasores das terras do Avea.
En palabras do autor, “ao asistir como observador á implacable destrución dunha cultura milenaria como é a cultura rural galega, en aras de engrandecer urbes para xuntar, controlar, someter e impor impostos aos chamados cidadáns, en contraposición cós aldeáns, fixo renacer poderosamente en min a idea de retornar. Hoxe, percorrendo os innumerábeis castros que permanecen calados, testemuñas silenciosas dunha cultura admirábel, escribo esta novela que afonda no cerne do ser e sentir ribeirán e galego. Xa ben dicía o noso sabio e devanceiro profesor Filgueira Valverde: O que foi ha de volver ser..."