Gelsomino é un rapaz cunha voz tan potente que pode esnaquizar castelos enteiros só con botar un berro. Xunto cos seus amigos, enfrontarase ao rei do País dos Mentiráns, onde mentir é obrigatorio por lei; onde dicir a verdade supón expoñerse a fortes sancións por orde de quen manda, un antigo pirata que tapa a cabeza cunha perruca laranxa e ao que lle encanta pronunciar discursos dende un balcón.