Gobseck

Autor
Honoré De Balzac
Editorial
Editorial Hugin E Munin
ISBN
9788412259353
Idioma
Gallego
Publicado
2021
Nº de páginas
88
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
13,00€

A novela curta Gobseck foise ampliando en sucesivas edicións, dende o seu primeiro esbozo, aparecido na prensa en 1830, até a edición de 1842, cando adopta o título e a trama definitivos. A historia arrinca no salón da vizcondesa de Grandlieu, no inverno de 1829-1830. Esta advirte a súa filla de dezasete anos dos perigos que encerraría a nivel social un posible amorío con Ernest de Restaud. Derville inmíscese entón na conversa co propósito de demostrar a idoneidade do pretendente e, a través dun longo relato que se remonta aos tempos nos que coñeceu o implacable usureiro Gobseck, cóntalles os truculentos episodios protagonizados por Anastasie de Restaud durante o seu adulterio co dandi Maxime de Trailles, así como as súas xestións para salvagardar a fortuna familiar, en conivencia co marido enganado e sorteando como ben pode a cobiza do prestamista. Balzac aposta por unha complicada técnica de enunciación: o relato principal que serve de marco xeral e decorre no salón dos Grandlieu, na voz dun narrador externo, dá paso á longa narración de Derville en primeira persoa, a cal acolle á súa vez a biografía de Gobseck, prototipo do avaro para quen o ouro é a única forza que move o mundo, e as dolorosas escenas que arrodean a morte do conde de Restaud.