Sinopse
Son Zoel e estou algo gordecho. Pasei uns días no hospital cunha costela rota e os pés escaiolados. Ademais, descubríronme colesterol e hipertensión, que seica aparecen pola mala alimentación. Como non podía moverme, aproveitei para escribir estas memorias. Nelas conto o que pasou no campamento, onde case me ocorre unha desgraza, e o aburrido que foi estar no hospital. Menos mal que neses días lin un libro ben divertido que me fixo pensar... serei obeso?