Gramática Da Fantasía

Autor
Gianni Rodari Gianni Rodari/Pablo Otero
Editorial
Kalandraka Editora
ISBN
9788484647058
Idioma
Gallego
Publicado
2010
Nº de páginas
180
Formato
Cartoné
Colección
Rustica
Traductor
Silvia Gaspar
Ilustrador (portada)
Peixe
Ilustrador (interior)
Peixe
Peso
332 gr
15,00€

Sinopse “Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo”. Esta foi a intención de Gianni Rodari á hora de escribir “Grammatica della fantasia” (1973), unha obra de obrigada referencia para educadores, unha aportación sen precedentes á pedagoxía contemporánea e o legado co que Rodari transmite a súa idea revolucionaria e liberadora da literatura. A orixe do traballo está nun encontro con docentes no que Rodari participou en 1972, invitado polo Concello de Reggio Emilia (Italia). Rodari invita con este manual a converter a palabra en xogo, ao tempo que desvela o proceso de escribir historias para nenos e lles axuda aos cativos a inventar novos mundos. “Gramática da Fantasía” ofrécelle ao lector a posibilidade de demostrar que para entrar na realidade non só serven as portas, senón tamén as fiestras: “Así é máis divertido, e moito máis práctico”, afirmaba o escritor italiano. Este título está destinado a docentes, educadores e todas aquelas persoas que cren que a imaxinación debe ocupar un destacado lugar na educación da infancia.