Sinopse
Un día, Grisela atopouse moi triste, tan triste coma o seu pelame gris.
«Teño que facer algo», pensou.
Colleu un bote de pintura vermella e dixo:
-Se me pinto dunha cor alegre, seguro que me poño contenta.
...Probou con todas as cores, pero Grisela non se sentía mellor pintándose de ningún xeito: nen de vermello, nen de verde, nen de amarelo, nen a raias, nen de flores porque os demais animais facían burla dela.
Entón meteuse na auga...
Un relato sinxelo sobre a importancia de ser un mesmo, que se complementa con imaxes xoguetonas, que resaltan sobre fondos limpos, recurtando as figuras. A composición visual combina a cor con aplicacións de lapis e papel, a modo de collage.