Guía Das Árbores Autóctonas E Ornamentais De Galicia (2007)

Autor
Marisa Castro/Antonio Prunell/Jaime Blanco-Dios
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497826457
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
304
Formato
Rústica
Colección
Rustica
28,90€

Sinopse Tanto para especialistas como para curiosos e afeccionados, a Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia constitúe unha ferramenta utilísima. Os reputados autores desta guía trazan un libro útil e doado de manexar que recolle tanto as árbores dos parques e xardíns públicos de Galicia como as especies autóctonas e de repoboación. Cunhas magníficas e precisas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano –que permiten o rápido recoñecemento das especies–, o libro fai un repaso ás xeneralidades botánicas e os diversos usos das especies, poñendo especial énfase nas árbores froiteiras, sempre relacionadas co territorio galego: a nomenclatura popular e científica, a clave de especies que permite identificar –sen usar conceptos botánicos complexos– a totalidade das especies citadas, a vexetación autóctona e as plantacións forestais, a silvicultura, as árbores froiteiras, os xardíns en Galicia, etc. Ademais, o libro ofrece unha detallada descrición das especies –todas elas ilustradas–, de xeito claro, conciso e cun vocabulario rigoroso pero fácil de comprender, incluso polas persoas non expertas no tema.