Sinopse
Aquí recóllense as árbores dos parques e xardíns públicos de Galicia e tamén as especies autóctonas e de repoboación. As descricións botánicas, concisas e claras, complétanse con notas de morfoloxía vexetal, cun repaso á historia da taxonomía ou sistemática, vocabulario e relación bibliográfica.
Debuxos a liña e un importante apartado de fotografías a todo color completan a obra.