Sinopse
Esta é a nova edición da primeira guía completa das aves que se poden ver en Galicia, xa que recolle todas as especies que nela crían, as sedentarias, as invernais, as de paso, as accidentais e mesmo as que sen seren da nosa ornitofauna foran introducidas con fins cinexéticos ou decorativos e ás veces aparecen asilvestradas.
Detállanse 448 especies en máis de 2000 debuxos e ilustracións e está estructurada en catro apartados: descrición, destribución e status, habitat e observacións, nos que se dan aqueles datos que o lector máis esixente pode pedir a unha guía.