Guía Do Camiño De Santiago

Autor
Antón Pombo Rodríguez
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788499141121
Idioma
Nº de páginas
200
Formato
Rústica
Colección
Montes E Fontes
22,70€

Sinopse Esta Guía do Camiño de Santiago para peregrinos de Antón Pombo inclúe o percorrido desde Ponferrada a Compostela a través de 9 etapas coidadosamente descritas. Ademais, a guía continúa con 4 novas etapas e as súas variantes, para incluír tamén a prolongación do camiño a Fisterra e Muxía. O autor, xornalista e historiador Antón Pombo, é un dos mellores coñecedores das rutas xacobeas. Estas páxinas ofrecen toda a información necesaria, de carácter práctico e cultural, para o peregrino: a calidade do chan (asfalto, terra, pedregal...), os albergues e aloxamentos alternativos, os perfís altimétricos, as zonas de sombra, as fontes, os centros de asistencia médica, mapas moi detallados, desvíos de interese, planos, restaurantes, así como a información de interese cultural sobre as visitas atractivas, as aldeas, as vilas, as cidades, os monumentos, a ruta e o seu ambiente, a arte, a historia, etc. Esta guía inclúe, ademais, no seu interior, importantes mapas en abano, despregables, útiles e independentes, para seguir, paso a paso, o rastro do Camiño. Unha guía práctica e actualizadísima dirixida aos peregrinos que avanzan cara a Compostela a pé, dacabalo ou en bicicleta, o libro está aberto tamén ós que queiran coñecer algún tramo da rota, así como a aqueles que, dispoñendo de coche, se interesen polos aspectos paisaxísticos e monumentais dun itinerario declarado Patrimonio da Humanidade