Sinopse O presente volume ofrece información práctica que lle indica ao viaxeiro como chegar a cada castelo, onde comer ou onde aloxarse na fin de semana (hoteis, turismo rural, campismo), e agrupa os castelos de cada zona para visitalos por itinerarios. Na provincia da Coruña propóñense tres vieiros: dende a Torre de Cela ao Castelo de Vimianzao, dende o Castelo de Moeche á Fortaleza da Mota de Ois e dende a Torre Figueroa de Abegondo a Torre de Xunqueiras. Na provincia de Lugo propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Parga ao Castelo de Amarante, dende o Castelo de Taboada á Fortaleza de Sarria, dende o Castelo de Carbedo ao Castelo de Castroverde e dende a Fortaleza de Tovar en Lourenzá á Torre de Sobrada de Aguiar en Outeiro de Rei. Na provincia de Ourense propóñense catro vieiros: dende o Castelo de Vilamarín á Torre da Lamela, dende o Castelo de Maceda á Torre de Viana do Bolo, dende a Torre de Torán ao Castelo de Monterrei e dende o Castelo de Ribadavia á Torre de Milmanda en Celanova. Por último, na provincia de Pontevedra propóñense tres vieiros: dende a Fortaleza de Borraxeiros na Golada á Torre de Barciela en Forcarei, dende as Torres do Oeste ao Castelo de Soutomaior, e dende o Castelo de Monterreal ao Castelo de Sobroso en Mondariz