A Guía Ilustrada da Catedral de Santiago é un traballo minucioso e exhaustivo no que se quixo mostrar este monumento a través da súa historia e da súa arte. Para iso contamos con Joaquín González Dorao, ilustrador gaditano cunha longa traxectoria nas mellores editoriais de viaxes como Lonely Planet ou a turca Boyut; e a medievalista galega Marta González, que escribiu numerosos estudos e libros sobre a peregrinación a Santiago. Os argumentos de ambos os dous autores fusiónanse nesta guía de forma natural, ofrecendo ao público unha visión actual da Catedral e o seu ámbito, con edicións en castelán e galego. Un libro necesario para os visitantes e imprescindible para todos aqueles que queiran coñecer mellor o primeiro monumento de Galicia.
En Santiago, todo comozou moi probablemente arredor de 814-830. A Península Ibérica sufrira un século antes a invasión árabe e só o norte resistía os novos dominadores. Nun recóndito extremo do reino atsur, onde se concentra a resistencia contra os inimigos musulmáns, encóntrase un antigo sepulcro. A noticia corre polo reino e fóra del, e pronto se identifica esta tumba coa do Apóstolo Santiago, que, segundo a tradición, viñera a Hispania predicar o Evanxeo. Moi rapidamente o lugar, no que se constrúe una pequena igrexa ao estilo das prerrománicas asturianas, torna nun centro de peregrinación para un número cada vez maior de fieis.