Sinopse
Poucos lugares como Galicia ofrecen climas e solos tan aptos para a xardinería. Para os seus moitos practicanes, esta guía escrita cunha linguaxe sinxela, clara e alonxada de tecnicismos, representa o mellor instrumento para gozar da súa actividade preferida, ao contar coa valiosa axuda que proporciona a ampla experiencia de Juan Luís Camacho, responsable técnico en labores de proxección e implantación de parques e xardíns durante máis de vinte anos e auto tamén das guías prácticas sobre as árbores froiteiras e a horta en Galicia,editadas por Baía Edicións. Todas as especies aquí mencionadas foron obxecto de traballos e prácticas, así como dun rigoroso seguimento no seu desenvolvemento por observación directa en parques e xardíns ao longo de todo o país