Sinopse
Esta ambiciosa e xeitosa obra da man de Basilio Cegarra componse de senllos tomos dedicados ás provincias galegas, un centrado en Santiago de Compostela e a súa bisbarra e mais un volume introductorio sobre a arte en Galicia. Cun total de máis de mil páxinas, cen mapas e planos e máis de cincocentas fotografías a toda cor, esta guía da arte galega, redactada cunha linguaxe amena, vén enchendo unha lagoa, ofrecendo ó público cumprida información sobre as expresións e monumentos artísticos do pasado e presente que nos arrodean