Sinopse
Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía galega , porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas nosas universidades. A distribución das especies ao longo da obra é diferente ao que se ve habitualmente. Faise por ecosistemas, de tal xeito que cando pasees por unha fraga ou un bidueiral poidas dirixirte ás páxinas relativas a estes hábitats, o que che facilitará a identificación de visu. A guía, dirixida tanto a profesionais coma para persoas afeccionadas á micoloxía, segue tamén dúas máximas: unha dos saber popular (só se valora e se pode conservar aquilo que se coñece) e a outra do noso gran fabulador Álvaro Cunqueiro (dicir rula e abidueira e dorna e fonte ... fanme dono da rula da e abidueira e da dorna e da fonte) para indicar que só existe que só posuímos aquilo que tén un nome, aquilo que coñecemos