Hamlet

Autor
William Shakespeare
Editorial
Editotrial Laiovento
ISBN
9788484876274
Idioma
Gallego
Publicado
2023
Nº de páginas
89
Formato
Rústica
Colección
Teatro
17,95€

A tráxica historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, de William Shakespeare, é unha obra profunda, complexa e enigmática que transcende os límites da traxedia de vinganza. O seu protagonista ten sobre a súa conciencia a dura tarefa de vingar o aleivoso asasinato de seu pai perpetrado polo seu propio irmán, Clodio, para arrebatarlle a coroa e a esposa; pero para iso el mesmo debe converterse en asasino. Antes de consumar a vinganza, que inevitablemente acabará en catástrofe, Hamlet será responsable, directa ou indirectamente, doutras mortes. É unha traxedia de dimensións e resonancias universais. Pode non ser a obra máis perfecta de Shakespeare, pero si a máis estudada e traducida, a máis representada e filmada e, sen ningunha dúbida, a máis popular. Tanto a obra como o seu protagonista foron ( e seguen sendo) analizados desde todos os puntos de vista posibles: estético, ético, filosófico, psicoanalítico, político, feminista... Hamlet é a obra dramática máis influente da cultura occidental e a máis citada, eo seu protagonista segue a ser contemporáneo noso, igual que o foi para xeracións de séculos anteriores. A profundidade da obra, a súa complexidade e ambigüidade fan que non poidamos conseguir nunca un Hamlet definitivo. É e seguirá sendo sempre unha obra aberta, susceptible de múltiples lecturas.