Herba Moura

Autor
Teresa Moure
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497823470
Idioma
Publicado
2021
Nº de páginas
448
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
23,95€

“Herba Moura” de Teresa Moure, novela gañadora do Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dun personaxe contemporáneo chamado Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil –nunha perspectiva inédita do filósofo– e, sobre todo, coa figura de dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam. A través dunha miscelánea de textos (cartas, poemas, recetarios, herbarios) a autora, coma se fose un compendio de estilos literarios e botando man de recursos tan dispares como a epístola, o diario, o ensaio, a poesía, o estilo directo, etc, constrúe unha novela estilisticamente deslumbrante, sen caer nunca no lirismo gratuíto nin no sentimentalismo, chamada a situar á narrativa galega nun novo contexto. “Herba Moura” é un canto ás paixóns: á paixón amorosa, dende logo, mais tamén a outras paixóns deostadas como a do amor polo coñecemento, a da amizade, a da maternidade, a da lectura e a da palabra. Unha novela que deita unha ollada crítica sobre o devir das mulleres na historia, dándolles voz e recuperándoa para elas