A filosofía da etapa da Transición non é impedimento para unha recuperación da memoria histórica xusta, obxectiva e divulgativa. Preténdese aquí recoller a vida do exilado en terra propia que ten que fuxir dos centros de civilización e de poder para sobrevivir, as súas armas e agochadoiros, a actuación policial contra deles e a súa clasificación e organización. O Fresco, o Lolito, os de Lavadores ou os da V Agrupación Guerrillera e o último Quintas Figueroa son nomes que nos axudarán a transportarnos a unha posguerra dura coa poboación civil, coa disidencia e cos fuxidos. A recoñecida calidade do traballo noutras ocasións do Instituto de Estudios Vigueses vólvese repetir nesta ocasión coa obra de Xoán Carlos Abad Gallego