Historia De Galicia. Da Vida Nas Covas Ás Acampadas Das Prazas

Autor
Pepe Carreiro Pepe Carreiro/Antón Mascato
Editorial
Baía Edicións
ISBN
9788499950341
Idioma
Publicado
2022
Nº de páginas
92
Formato
Cartoné
Colección
Rustica
12,70€

# A partir de 8 anos Pepe Carreiro, co humor que o caracteriza, fai un percorrido polos principais fitos da historia do noso pais: Que foi primeiro, o Paleolítico ou o Neolítico? Cando comezaron as primeiras rapas das bestas? Cando se construíron os primeiros castros? Que xeneral mandou as primeiras lexións de romanos ao noroeste peninsular? Foron os vándalos, os visigodos ou os suevos os que chegaron no século V? Quen foi o primeiro rei de Galicia? Onde se asentaron os musulmáns no ano 711? Que nobre galego morreu decapitado en Mondoñedo? De onde lle vén o nome aos Séculos Escuros? De onde viñeron o millo e as patacas? Quen introduciu a industria conserveira? Con que libro comeza o Rexurdimento de Galicia? En que ano se plebiscitou o Estatuto de Autonomía redactado por Bóveda? Que sucedeu no ano 1936 e cales foron as súas consecuencias en Galicia? Como se combateu en Galicia a ditadura? Ten Galicia goberno propio? Cal é a situación actual do país? Preguntas todas que se resolven neste libro de forma didáctica e amena, cunha linguaxe directa e dirixida á procura da súa rápida compresión por parte das galegas e galegos máis pequenos.