HISTORIA DO ANTIGO CONCELLO DE CONXO

Autor
Rafael García Ferreira
Editorial
Alvarellos Editora Técnica
ISBN
9788418567834
Idioma
Gallego
Publicado
2025
Nº de páginas
215
Formato
Rústica
Colección
OESTE
Ilustrador (portada)
Xacobe Neto
Peso
410 gr
Dimensiones
155 x 230 x 15 cm
19,90€

O histórico barrio de Conxo, ao sur de Santiago de Compostela, foi concello independente durante case un século, entre 1835 e 1925. Da súa estación de ferrocarril partiu a primeira liña de tren de Galicia e nel naceu a fundadora da literatura galega moderna, Rosalía de Castro. Conxo protagonizaría loitas imprescindibles para entender hoxe a mellora das condicións de vida da clase traballadora, dende o Banquete democrático de 1856 ata os movementos obreiros de 1898, pasando pola creación e mantemento da súa Sociedade Benéfica. Ademais, o Conxo histórico das oito parroquias mantén un valiosísimo patrimonio, con tesouros únicos: a memoria milenaria do seu petróglifo e castro, o románico do seu antigo mosteiro, o barroco da actual igrexa parroquial, ou a fortaleza da Rocha, símbolo das loitas dos irmandiños contra os señores feudais. De todo isto, e tamén da vida cotiá no concello, do seu asociacionismo, e do papel das mulleres, trata este valioso volume. Participan dez especialistas con novos traballos de investigación, historiadores e historiadoras que levan a cabo unha reconstrución honesta e documentada dos noventa anos nos que Conxo foi independente. O obxectivo, como afirma o seu coordinador, Rafael García Ferreira, é transmitir os feitos con fidelidade e lectura critica do pasado.

libros mas destacados (150) , novedades (98)