Sinopse
"O descoñecido chegou a pé dende a estación do tren de Bramblehurst un día glaciar de primeiros de febreiro. Sopraba un vento cortante e caía unha forte nevada, a derradeira do ano. Ía embozado da cabeza ós pés e levaba un pequeno maletín negro nas mans enluvadas. A aba dun brando sombreiro de feltro ocultáballe a cara por completo, non deixando á vista máis cá brillante punta do nariz, ó tempo que a neve se lle amontoaba nos ombros e máis no peito formando unha especie de cora branca