Homes De Ferro En Barcos De Madeira

Autor
Izarraizpe Irakaskuntza Kooperatiba
Editorial
Izarraizpe Irakaskuntza Koop.
ISBN
9788460400592
Idioma
Eusquera
Nº de páginas
115
Formato
Colección
Iturria
18,00€

A pesca foi para A Coruña unha actividade básica na configuración da cidade e na prosperidade dos seus habitantes. O magnífico porto natural da ría propiciou que, ó longo da historia, os coruñeses mirasen cara ao mar e se afanasen tanto no comercio marítimo das máis diversas mercadorías, coma na pesca, no marisqueo e nas súas actividades complementarias, é dicir, envase, conservación e comercialización das capturas mariñas, ademais de dotación e reparació nde embarcacións e aparellos. Este libro pretende ser un reflexo daquel mundo, inda recente, da pesca no porto de Muro, amosando os aspectos máis humanos desta vida, relatando experiencias, desvelando angurias e ilusións, a dureza da profesión e querendo formar en realidade unha homenaxe a todos os homes e mulleres que fixeron que hoxe A Coruña siga tendo unha forte identidade pesqueira: unha obra colectiva, un coro de voces e esforzos editoriais para gabar as voces e esforzos pesqueiros de noutrora