HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO. PERCEBEIROS DA COSTA DA MORTE

Autor
Xesús Búa
Editorial
Canela Producións Editorial Etnográfica Sl.
ISBN
9788409634910
Idioma
Gallego
Publicado
2024
Nº de páginas
195
Formato
Cartoné
Colección
Imaxes dun país
Peso
940 gr
Dimensiones
20 x 25,5 x 3 cm
35,00€

O fotógrafo muxián Xesús Búa retratou desde hai moitos anos os percebeiros das cofrarías de pescadores de Camelle, en Camariñas, e de Muxía mariscando nas pedras das Lobeiras, Punta da Barca, Punta da Buitra, cabo Touriñán... A través da historia gráfica que nos propón neste libro, o autor describe a xornada completa de traballo destes percebeiros da Costa da Morte, desde que almorzan na casa, baixan ao mar e saltan ás pedras para centrarse na loita coas ondas ata rematar coa escolla do produto cando volven á terra. Ademais, repartidos por entre o relato, inclúe numerosos retratos dos protagonistas. Son imaxes potentes de homes e mulleres poderosas, curtidas polo sal, recias e fortes, física e psiquicamente, duras coma o ferro ben afiado da súa rasqueta, que se achegan aos perigosos e batidos riscos e pedras onde recollen exquisito manxar co que o Atlántico nos agasallla e que, en condicións moi duras e arriscadas, apañan eles para gañarse a vida. O relato visual vai acompñado de textos e poemas de sete autores desta Costa da Morte que, chea de enorme beleza, tamén é costa de vida.

destacados (53) , novedades (33)