Teresa é unha adolescente de Lucián, o trasunto literario dunha vila calquera no norte de Galicia. Teresa é unha boa alumna e forma parte do coro da escola de Música local. Cun estilo envolvente e magnético, Eva Moreda constrúe un universo literario único e inesquecible, unha biografía colectiva dun tempo recente, pero xa pasado, que se evoca con elegancia e firme pulso literario.