Idade Da Auga, A

Autor
James Salter
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788497826839
Idioma
Gallego
Nº de páginas
128
Formato
Rústica
Colección
Narrativa
17,00€

Cando chegou á cidade, as rúas semellaban cheas de gaivotas, e as encostas e os edificios altos coma mastros dábanlle a sensación de que estaba nun barco. O cheiro abafante que ascendía do porto pesqueiro impregnáballe a pel e penetraba en cada pregadura da roupa. Lembraba o seu último paseo vespertino, que coincidira dunha manifestación de traballadores: unha riola de xente que inundara as rúas principais, cortando o tráfico, colapsando a cidade. Daquela lembrou un cartel turístico que amosaba o centro da cidade asolagado, como unha especie de Venecia, subliñando as relacións da cidade co Atlántico. A idade da auga, primeiro libro de narracións do escritor escocés residente en Galicia James Robert Salter, recolle oito visións da cidade de Vigo inseridas noutros tantos relatos escritos na tradición da literatura fantástica do Mobby Dick de Herman Melville ou do imaxinario creativo galego do escritor Álvaro Cunqueiro ou do pintor Urbano Lugrís.