Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega recolle un
conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura galega
da primeira metade do século pasado, con especial atención ao
papel dos xéneros: retrato, paisaxe ou natureza morta como factores
relevantes dentro do proceso evolutivo da nosas artes.
A primeira parte do volume insire un estudo sobre a función da
retratística na modernización da pintura galega desde fi nais do século
XIX até mediados do XX, desde a ?Xeración Doente? até Laxeiro, Eugenio
Granell, Maruja Mallo ou Seoane.
A segunda parte está dedicada a estudos sobre algunhas das fi guras
centrais do movemento renovador da arte galega, os chamados Os
Novos: Maside, Souto e Colmeiro, focalizados en boa medida desde a
perspectiva dos xéneros.
Alén diso, ao longo de todo o libro quérese salientar que boa parte
da pintura galega desta tempo é elaborada desde un proxecto rexenerador
na perspectiva nacional e cun forte compromiso social e que
este discurso non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa
?coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados
?realismos de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio
como fonte de modernidade, vía primitivista, é unha das receitas. No
caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a
escultura esgrevia e granítica do noso románico e barroco a principal
fonte de inspiración e un elemento activo na renovación estética.