Ás portas do terceiro milenio, a construción da nación, da súa identidade, esixe un marco político específico, un territorio institucional que na sociedade contemporáneo é sobre todo un espacio de comunicación. Sobre esta hipótese está estructurado o corpo ensaístico deste libro. Cando a información se converte en materia prima para calquera tipo de desenvolvemento, un proxecto nacional non pode ter éxito a menos que consiga que se institucionalice o seu espacio de comunicación, e contar tamén coa estructura mediática e cos novos e tecnoloxizados soportes.