II . NOIA E MUROS . PAISAXES URBANAS DE SÉCULOS (1950-2020)

Autor
PEDRO GARCÍA VIDAL
Editorial
Editorial Toxosoutos
ISBN
9788412254112
Idioma
Gallego
Publicado
2020
Nº de páginas
354
Formato
Rústica
25,00€

Na ría de Muros-Noia, onde o Atlántico perde a súa bravura convertido nun mar interior, as vilas que lle dan nome ofrécense como exemplos para mostrar como a riqueza cultural nace dunha longa historia de precesos naturais e de intervención e imaxinación humananas. No espazo actural de Noia e Muros podemos ler o tempo por mor da presenza de vestixios do pasado -visibles- que permanecen como pegada territorial coutras xeracións que nos precederon. Dende un enfoque histórico-xeográfico achegámonos a estas entidades urbanas coa pretensión de descifrar e realzar a súa riqueza cultural. A análise da evolución histórica da súa paisaxe ten como principal obxectivo aportar elementos para un mellor coñecemento da paisaxe actual e da súa problemática así como criterios para unha mellor xestión do territorio, pois pensamos que unha axeitada perspectiva histórica axuda a unha mellor comprensión dos procesos que conduciron ata a crise do presente, así como deseñar con sentido outras opcións de desenvolvemento urbano máis sustentables.