Illa rota recolle as fotografías feitas por Juan Cancelo en diversas épocas, desde a II República ata ben entrado o franquismo. No seu conxunto, estas fotografías permiten seguir as mudanzas e problemas da cidade da Coruña, tendo marcado a Guerra Civil un antes e un despois na evolución dunha cidade singular no conxunto de Galicia.