Imaxes na pel é o rescate dun poemario perdido, o froito dunha singradura entre ruínas poéticas. Morto o autor orixinal e convertido nun mero copista da obra desaparecida, o eu poético persoal pérdese entre traducións e só atopa a súa razón de existencia na creación dunha linguaxe propia