Infancia de vacas mortasé o retrato dun mundo deshumanizado e mecanizado, dunha roda que crava o seus dentes nos soños dos máis febles. Os seus versos debuxan infancias roubadas e aniquiladas, infancias que non foron tal.
Daniel Costas é membro fundador da Asociación Cultural Lonxa Literaria de Moaña. Participou na publicación conxunta Maregrafías, de Anxo Cabada. Recibiu o primeiro posto no "III Premio de Poesía Terras de Chamoso" coa obra O delicado cheiro de Aumaxab Marma. Foi tamén gañador do "XXII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón" co libro Conservas, editado por Sotelo Blanco e do "Premio de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo" de 2010 coa obra Marés de Xiz, publicada por Edicións Xerais.